Mostrando entradas con la etiqueta PROXECTO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta PROXECTO. Mostrar todas las entradas

miércoles, 11 de noviembre de 2020

MOTIVACIÓN PROXECTO O BAILE

 Ola familias,

hoxe aconteceu algo moi importante na nosa clase, chegou a mestra Maite cunha carta que aparecera no patio e era para os nenos e nenas da nosa clase. 

A carta foi enviada por unha exploradora chamada Lola que precisa da nosa axuda para descubrir un reto: trátase de resolver o mistorio do cadro.  A ver se entre todos o adiviñamos. 

Na aula observamos a lámina e xa vimos moitas cousas:

- Hai formas xeométricas: círculos, cadrados, rectángulos

- Parece unha cidade

- Noooo, parece que teñen medo de algo

-Parecen persoas asustadas

- Aparece na parte superior esquerda algo semellante a unha xirafa

- Tamén vimos un can

- ....

Axudádesnos a descubrir o enigma?








miércoles, 30 de enero de 2019

DÍA DA PAZ


Con motivo do día da paz, fixemos un pequeno acto. Cada nivel pensou unha palabra máxica para a paz. Xunto cos nenos de 5 anos B decidimos que a palabra que máis nos gustaba era AGARIMO, a preparamos poñendo cada letra nun folio para facer un conxuro no sombreiro máxico xigante e preparamos un pequeno sombreiro do que lle saían as letras da palabra máxixa. Para rematar bailamos a ritmo da canción o Baile da Paz de mamá cabra. Aquí tendes unha pequena mostra do acto. 












PUNTILLISMO EN PAPEL DE COCIÑA

Hoxe fixemos puntillismo dunha forma distinta, empregando papel de cociña decoramos con rotuladores de distintas cores facendo a nosa propia obra de arte á que cada neno/a puso o seu título. 











EXPOSICIÓN OS MAGOS


O mago Lucas e a maga Paula falárannos dos magos.  Ensináronnos que os magos visten con frac , gorro e chaleco.
Hai diferentes tipos de magos e empregan distintos tipos de obxetos para facer os seus trucos. A varita máxica, o sombreiro e o coello. Uns usan cartas, outros empregan panos, cofres ou caixas. 
Para rematar fixéronnos dous trucos de maxia. Estiveron xeniais!






Despois fixemos unha ficha na que localizabamos as partes do mago, unindo o debuxo coa palabra correspondente e fixemos unha sopa de letras na que atopas 4 palabras relacionadas co mago.

Como o día 31 é o día da maxia, os nenos e nenas levaron esta semana unha especie de pirámide que tiña un segredo escondido co que facer aparecer e desaparecer unha moeda. Practicamos na clase coas moedas da tenda e todos entenderos o truco. Tamén levaron dúas cartas que podían convertir facendo aparecer un corazón máis nun dous e cinco de corazóns. 

lunes, 3 de diciembre de 2018

EXPOSICIÓN PLANTAS MEDICINAIS

Manuel e Mikel fixeron unha exposición na que nos falaron das plantas medicinais, do seu poder curativo, as súas propiedades e os seus usos na actualidade. 
Para esta exposición prepararon unha maqueta con Dorothi e a bruxa do Leste como protagonistas.






Noelia

martes, 13 de noviembre de 2018

EXPOSICIÓN PÓCIMAS MÁXICAS

A semana pasada Eire e Maia, fixeron unha fantástica exposición sobre as pócimas máxicas. Explicáronnos cales eran algúns dos ingredientes que usaban as bruxas,ensináronnos o grimorio, que é un libro máxico onde as bruxas escriben as súas pócimas máxicas, e fixeron a súa propia pócima da amizade cun grito sorpresa.











sábado, 20 de octubre de 2018

OUTONO

Coa chegada do outono e tendo en conta o proxecto de centro, comezamos o noso caderno de poemas cun poema titulado "O trasno do outono".



Como obra de arte traballos o Outono de Archimboldo e fixemos unha versión deste cadro coas nosas propias cariñas, decoradas con froitos de outono: cabazas, cogomelos, uvas... 










Este foi o resultado!






 A portada dos nosos cadernos de poemas, tamén tivo moito traballo, fixemos un gorro de mago coas orellas de coelliño branco asomando e escribimos as palabras "Caderno de Poemas" en cada unha das tres estrelas que picamos ou recortamos en función da nosa habilidade coas tesoiras.







Seguro que todos eles vos recitaron o poema xa!



Noelia