Ola familias,
Levamos tempo preparando este vídeo para poder ensinarvos todas as actividades que soemos facer nun día de escola.
Tamén para que podades coñecer a nosa aula e os ambientes de xogo que temos, as tarefas que facemos e o ben que o pasamos nos recreos. Como veredes gústanos moitos pisar os charcos!
Neste vídeo aparecen algúns dos mestres que veñen a nosa aula, o mestre de Pedagoxía Terapéutica Marcial, a mestra de prácticas Andrea, a mestra de Psicomotricidade Sara e a mestra de Audición e Linguaxe María.
Tratamos entre todos de facer agradable e divertida o tempo que pasan no cole e a súa felicidade e benestar e sempre a nosa prioridade. Tocoulles vivir a primeira etapa na escola nun momento complicado pero non vamos a deixar que isto apague os seus sorrisos.
Esperamos que vos guste!
Unha aperta
Noelia