CONTOS

"ASÍ ES MI CORAZÓN"



Durante varios anos estivemos inmersos no programa da Fundación Botín, "Educación responsable", ao longo dos cursos estivemos a traballar as emocións a través de cadros, música, esculturas, e tamén moitos libros; un deles é o libro "Así es mi corazón" un fabuloso álbum ilustrado que fala das emocións e os sentimientos dos nenos, para que os recoñezan en todas as suás formas e todas as súas cores: ledicia, tristeza, calma, enfado, medo…: “O meu corazón é como unha casiña, dentro pasan moitas cousas e ¡están todas revoltas!”.
Resultado de imagen de ASÍ ES MI CORAZÓN

Serviunos para falar dos sentimentos e as emocións. Falamos de cómo é o corazón de cada neno, qué soe haber dentro del e inspirámonos en Picasso para que cada neno fixerá o seu propio corazón. É unha ferramenta útil para axudar aos nenos a recoñecer os seus sentimentos, dunha forma similar ao conto “O monstro de cores” que foi traballado nas aulas de 3 anos. Elaboramos entre todos un videoconto coas ilustracións do conto e lle pusemos as nosas voces, así de bonito quedou.



Esperamos que vos guste!

Noelia



No hay comentarios:

Publicar un comentario