sábado, 20 de octubre de 2018

OUTONO

Coa chegada do outono e tendo en conta o proxecto de centro, comezamos o noso caderno de poemas cun poema titulado "O trasno do outono".



Como obra de arte traballos o Outono de Archimboldo e fixemos unha versión deste cadro coas nosas propias cariñas, decoradas con froitos de outono: cabazas, cogomelos, uvas... 










Este foi o resultado!






 A portada dos nosos cadernos de poemas, tamén tivo moito traballo, fixemos un gorro de mago coas orellas de coelliño branco asomando e escribimos as palabras "Caderno de Poemas" en cada unha das tres estrelas que picamos ou recortamos en función da nosa habilidade coas tesoiras.







Seguro que todos eles vos recitaron o poema xa!



Noelia


sábado, 6 de octubre de 2018

PROXECTO O MAGO DE OZ

O pasado mércores 3 de outubro, Ánxeles, a directora do Seis do Nadal viu a nosa aula cunha caixa misteriosa e cunha copia da noticia que apareceu no Xornal do Seis. A noticia retaba aos nenos e nenas do centro a descubrir o gran misterio. 

Pronto comenzaron a facerse preguntas, e a ser capaces de descubrir que moitas das cousas que aparecían na caixa máxica estaban relacionados co conto do Mago de Oz: o gorro do home de latón, o traxe do espantallo, os zapatos de Dorothy, a vasoira da bruxa. 

Por outra parte, no patio descubriron unhas pegadas que parecían dalgunha ave. Alguns dos nenos e nenas de 5 anos creen que algunha gaivota foi a que deixou a caixa no patio. Outros opinan que esto non é posible porque pesa demasiado como para que a poda transportar co pico. 

O importante é que todas as súas ideas  e opinións son escoitadas, respetadas e valoradas por todos os nen@s. 

Con este vídeo de presentación das ideas comezamos co noso proxecto! Espero que vos guste o resultado!



Noelia

martes, 2 de octubre de 2018

ANIVERSARIOS SETEMBRO

O xoves pasado celebramos os aniversarios de setembro. Carmen e Petra cumpliron xa 5 anos. 
Parabéns!!!








VENRES DE ERASMUS

O último venres do mes de setembro fixemos por primeira vez o Venres de Erasmus. Primeiro explicamos aos nenos/as a idea de repartirnos entre as dúas clases de 5 anos para que establezan outro tipo de relacións, con outros compañeiros, noutros espazos... para que de cara o próximo curso xa se coñezan entre eles. 

Cada neno/a da nosa aula apadrinou a un neno ou dous da aula de 5 anos B e presentáronlle os diferentes recantos da aula, compartindo os xogos.