Comezamos un novo curso, un ano que sen dúbida será moi diferente para todos e aos que pouquiño a pouco irémonos adaptando. Estas primeiras semanas servíronnos para coñecernos e para establecer novas normas e rutinas de aula.
A nosa aula está dividida en 5 grupos de 4 ou 3 nenos cada un. Cada un deses equipos ten asignada unha mesa en unha silla para facer as actividades de mesa e para as merendas. Ademáis cada equipo irá a un recanto de xogo diferente cada día, sendo rotativo para poder desinfectar os materiais.
Algúns dos recantos de xogo son os que podedes ver nas seguintes imaxes:
Mesa experimentación ou arte
Supermercado, casiña e restaurantes
Libros e letras
Crebacabezas e mates
Mesa de luz
Coches, construccións...
Esperamos poder desfrutar moito aprendendo dos xogos en recantos.
Unha aperta,
Noelia