lunes, 19 de abril de 2021

DÍA DO LIBRO

 O día 23 celébrase o día de libro e como sabedes estivemos preparando un conto moi especial para nós. Trátase de "As xirafas non poden bailar", entre todos creamos un audiolibro na que Chufa é a protagonista desta historia, unha xirafa moi especial á que lle gustaba moito bailar pero dábaselle fatal. 

Esta historia tan emotiva como divertida fainos entender que cada un de nós é especial e pode bailar ao ritmo que máis lle gusta. 

Espero que vos gusto porque hai moito traballo e foi preparado con moito cariño.


Se pinchades sobre a imaxe do título "As xirafas non poden bailar" vos levará a esta fermosa historia






A BAILARINA DE JOAN MIRÓ

 A última aportación que os nen@s levaron para a casa era unha adiviña: 

"ESCONDIDA NUNHA CAIXIÑA,

VIVE UNHA PEQUENA MENIÑA

XIRA E XIRA COS BRAZOS ARRIBA,

BAILANDO BALLET, NA PUNTA DOS PÉS"

Memorizaron a adiviña e formaron a palabra bailarina recortando as letras. 


Para acompañar a adiviña reproducimos o cadro da Bailarina de  Joan Miró


Coma verdadeiros artistas o primeiro que fixemos foi pintar o fondo de cor azul, despois pegamos o corazón coma se fora o traxe da bailarina e completamos as liñas negras (os brazos, as pernas...) e ata algúns nenos vían unha araña na parte inferior do corazón. 
A cabeza da bailarina simboliza o "Ying-Yang"





                     

          





ACTIVIDADES DE PRIMAVERA

Coa chegada da Primavera, estivemos traballando nos diferentes ambientes con propostas moi primaverais.

                                                              

- Xogamos con terra e prantamos en macetas facendo trasvases en diferentes recipientes

- Desfrutamos do bo tempo para facer o debuxo do conto da semana            

                     

- Estamos facendo flores con plastilina para mellorar a motricidade fina, a atención  e observación, o modelado...

         

- Lóxica-matemática: xogos de razoamento matemático, facemos conteo de flores e bolboretas, as agrupamos, facemos series, sumas...

- Palabras de primavera: ampliamos vocabulario, recoñecemento de palabras e debuxamos 

Aprendemos e desfrutamos moito destes momentos!