martes, 12 de febrero de 2019

OS MAGOS MÁIS FAMOSOS

Nas últimas semanas, 4 nenos/as faláronnos dos magos máis famosos de Galicia, España e do resto do mundo. 

Carmen e Daniella falaron dos diferentes tipos de mago: escapista, cartomago

E tamén daquilo que se precisa para ser mago: cartas, varita, chistera, capa ou frac, flores, panos...

Expuseron as ideas máis interesantes do Mago Teto, Inés Molina, Juan Tamaríz e Jorge Blass.

O Mago Teto é un mago moi coñecido en Galicia que mistura o humor, a maxia e o ilusionismo nos seus espectáculos.

Inés Molina, máis coñecida como Inés la Maga é cartomaga. 

Juan Tamariz: e un mago especialista na cartomaxia, ou maxia de cerca. A súa forma de facer maxia ensínase en varias universidades. 

Jorge Blass: foi alumno de Juan Tamariz, actuou con David Copperfield na súa xira por España. É cofundador da  fundación Abracadabra que trata de levar a maxia a hospitais, residencias de ancianos, discapacitados psíquicos...

Simón e Martín faláronnos da David Copperfield e Houdini e fixéronnos uns trucos de maxia. 

David Copperfield é coñecido por facer desaparecer a estatua da liberdade e o tren oriente express.

Houdini, foi un escapista moi famoso que viaxaba por todo o mundo demostrando que podía escapar de calquera lugar.