lunes, 24 de septiembre de 2018

POLICUBOS

Este ano estamos a traballar con novos materiais manipulativos, un deles son os cubos multilink ou policubos.
Trátase duns cubos encaixables por todas as súas partes, de cores variados e que permiten realizar múltiples actividades matemáticas ademais de mellorar a motricidade fina dos nen@s.
Comezamos empregando os policubos para o conteo, para facer agrupacións, para representar os números en decenas e unidades...
Preparamos unhas tarxetas para construir números seguindo a cor que indica e uns modelos para seguir series e axudar a mellorar o razoamento matemático, a orientación espacial...



Tamén é moi útil para iniciarse nas sumas e nas restas, pois é un material manipulativo e é máis sinxelo para os rapaces entender eses conceptos. 



Sírvenos para facer comparacións, cantas pezas máis tes ti que eu? cantas menos teño eu? cal sería a metade de 10, 12, 13...?, e o dobre de 5, 6...? 
Facer agrupacións por cores: agrupar todos os vermellos nun bote, noutro as verdes... 
E o que máis lles gusta, xogar con eles libremente deixando voar a súa imaxinación e fomentar a súa creatividade. 

Profe, cantos anos tes? Estas son as túas velas de aniversario!

Noe! Podes facer unha foto ao meu robot?

Mira a nosa arañeira!
Cantas cousas podemos facer cuns policubos!

Noelia

ASÍ É O MEU CORAZÓN

Durante varios anos estivemos inmersos no programa da Fundación Botín, "Educación responsable", ao longo dos cursos estivemos a traballar as emocións a través de cadros, música, esculturas, e tamén moitos libros; un deles é o libro "Así es mi corazón"  un fabuloso álbum ilustrado que fala das emocións e os sentimientos dos nenos, para que os recoñezan en todas as suás formas e todas as súas cores: ledicia, tristeza, calma, enfado, medo…: “O meu corazón é como unha casiña, dentro pasan moitas cousas e ¡están todas revoltas!”.
Serviunos para falar dos sentimentos e as emocións. Falamos de cómo é o corazón de cada neno, qué soe haber dentro del e inspirámonos en Picasso para que cada neno fixerá o seu propio corazón. É unha ferramenta útil para axudar aos nenos a recoñecer os seus sentimentos, dunha forma similar ao conto “O monstro de cores” que foi traballado nas aulas de 3 anos. Elaboramos entre todos un videoconto coas ilustracións do conto  e lle pusemos as nosas voces, así de bonito quedou.  




Esperamos que vos guste!


                                                                                               Noelia

viernes, 21 de septiembre de 2018

COMEZAMOS UN ANO MÁXICO (CURSO 2018/19)

Comezamos o curso 2018/2019, con moita emoción , coa novidade de atopar unha nova aula, novos xogos, novos recunchos e novos espazos nos que pasaremos os seguintes 9 meses xuntos para rematar unha etapa que comezamos hai xa dous cursos, cando os 25 nenos e nenas chegaban por primeira vez ao cole con algo de medo pero con moitos desexos de aprender.
Con 3 anos, cando comezabamos o cole
E así rematamos o curso de 4 anos


Este novo curso, será un curso especial, no que disfrutaremos de cada momento xuntos, de cada xogo, de cada conto... e encheremos os nosos corazóns de novas experiencias e momentos para APRENDER A VOAR coas ideas claras, con seguridade, con ledicia, amor e valentía, con respeto e resposabilidade, con paciencia,  optimismo e felicidade.


Os primeiros días, despois da volta das vacacións, descubrimos os recunchos da nosa aula e recordamos as normas e as rutinas.

Aprendemos a divertirnos cos novos xogos, desfrutamos cos compañeiros e ademais afianzamos contidos traballados. A norma máis importante no traballo por recunchos é deixar cada cousa no seu sitio, coidar o material, compartir e axudar aos compañeiros.
No seguinte vídeo podedes ver o traballo nos diferentes recunchos da aula:
- Recuncho dos soñacontos e letras
- Recuncho de vitaminas matématicas
- Recuncho de xogo simbólico e disfraces
- Recuncho de arte e plastilina
- Recuncho de construcións, animais e coches












Esperamos que vos guste a nosa aula tanto como a nós!

Noelia