martes, 11 de mayo de 2021

PRANTAMOS PEREXIL E CANTAMOS AOS MAIOS

 Prantamos sementes de perexil para que eles mesmos sexan os responsables de coidar e regar nas súas casas, celebramos a festa dos maios que enchimos de bolboretas e creamos a nosa bolboreta: Macaón da que aprendimos moitas cousas.

O ciclo de vida da bolboreta: ovos, eiruga, casulo e bolboreta, e observamos que a cor das eirugas determinará a cor da bolboreta. 

A nosa bolboreta, o Macaón é amarela e negra, é unha das bolboretas máis fermosas que existen no mundo. 

Podedes ver os traballiños picando na imaxe. 






OS XIRASOIS DE VINCENT VAN GOHG

Coa chegada da primavera, estamos observando o crecemento das plantas, os campos cheos de flores e que enchen de cor a primavera. 

Observamos o cadro dos Xirasois de Vincent Van Gohg.


Preparamos unha adiviña:

FERMOSA PRANTA

CON AMARELA FLOR

QUE XIRA E XIRA

BUSCANDO O SOL.

 

ALEGRAN O CAMPO

COAS SÚAS CORES

PERFUMAN O AIRE

COS SEUS OLORES.


Para acompañar esta adiviña fixemos a nosa propia representación do cadro, a nosa maneira, empregando diferentes materiais e técnicas. Para facer os xirasois pintamos con garfos e quedaron unhas obras de arte asi de fermosas. 

 







lunes, 10 de mayo de 2021

ACTIVIDADES DE PRIMAVERA

 Nas últimas semanas estivemos preparando a nova aportación ao noso caderno de poemas, para esta actividade inspirámonos en Frida Kahlo e fixemos a nosa propia versión do "Autorretrato de Frida Kahlo con bolboretas". 

Este cadro ía acompañado  dunha frase moi coñecida que ela dicía moi a miúdo:

"PÉS PARA QUE OS QUERO, SE TEÑO ÁS PARA VOAR"

E é certo que cada un de nós poderá conseguir o imposible,  se o desexa con todas as súas forzas. 

Premendo na imaxe podedes acceder ás actividades realizadas.

Neste vídeo tamén atoparedes os debuxos que fixeron inspirándose en diferentes imaxes de campos cheos de flores.