sábado, 31 de octubre de 2020

ACTIVIDADES SAMAÍN

 Durante estas dúas últimas semanas estivemos traballando en propostas relacionados co Samaín, diferentes propostas que nos axudan a mellorar na motricidade fina, a lectoescritura, a lóxica matemática de forma divertida.

- A nosa pantasma:

A primeira actividade que fixemos relacionada con Samaín foi unha fermosa pantasma. Cada neno recortou a súa pantasma, seguiu o trazo recortando o traxe do pantasma, pegou a adiviña e escribiron a palabra PANTASMA con ceras prateadas! Desta forma traballamos o recortado, a conciencie fonolóxica para a escritura da palabra pantasma e as adiviñas.

 




- Unha ARAÑA terroríficamente fermosa: 

Para facer a tela de araña, unimos cada punto coa regra. Tivemos que estar moi concentrados para facelo porque require unha gran destreza óculo-manual. Despois decoramos cada unha das partes da tela de araña de diferentes cores. Para facer a araña, pintamos as mans de negro (iso encantounos) e para rematar eleximos uns ollos e fixemos a boquiña da araña. Soamente con ver o resultado podedes comprobar o fermosas que quedaron. Con esta actividades traballamos a coordinación óculo-manual, diferentes tipos de trazos que axudaran a mellorar a forza da man para realizar actividades que requiran maior destreza motriz.




             

Tamén fixemos churriños con plastilina e formamos a palabra araña.


- A VASOIRA da bruxa Maruxa:

Para facer as vasoiras precisamos limpapipas, abalorios variados, cartolina amarela e tesoiras.
O primeiro que fixemos foi recortar o anaco de plastilina sen chegar ao final, polo que require un gran control da man e da destreza de recortado, despois o unimos o limpapipas, seleccionamos 10 abalorios diferentes traballando así o conteo ata o número 10 e foron decorando a súa vasoira da maneira que máis lles gustaba. 





- Mesa sensorial:

Na mesa sensorial apareceu sangue de vampiro que desprendía un arrecendo a froitos vermellos, e tiñamos que descubrir bechos e ollos de sapo que estaban conxelados entre a sangue dos vampiros, para iso empregamos pipetas coas que colliamos o sangue e fixemos trasvases.  

    

- Mesa de Luz:

Na mesa de luz tiñamos unha proposta de cabazas terroríficas para completar como cada un quería.


- Lectoescritura e lóxica-matemática:
Por último fixemos a nosa propia apócema empregando diferentes ingredientes. Escribimos a palabra Apócema e completamos engadindo as cantidades e anotando en cada unha das receitas coa axuda da recta numérica.
       

     

Esta semana coñecimos un novo conto, "Una cena monstruosa".Un libro moi divertido no que 9 personaxes horripilantes reúnense para cenar nun famoso restaurante con tres estrelas negras. Descubrimos levantando cada tapa a comida elexida para cada un dos comensais, platos tan asquerosamente deliciosos como croquetas da avóa, caracois cocidos na súa baba, doce de xeado con merengue encantado... pero o mellor e cando chega o invitado sorpresa, un neno que come hamburguesa de moitos pisos, pasta XXL á boloñesa...
Limos contos con lanternas e a escuras,gustounos moito.




 Aquí tendes un vídeo con todas estas actividades. Esperamos que vos gusten. Esto é só unha pequeña mostra de todo o que traballamos na aula. 




                                      

                  Noelia


miércoles, 21 de octubre de 2020

ANIVERSARIOS SETEMBRO

No mes de Setembro celebramos os aniversarios de Maya e Zoe. Ensináronnos os momentos máis especias dos seus 4 primeiros anos de vida. 
Xa 4 voltas ao sol pequenas, parabéns!!!







 

UN DÍA NA AULA DE 4 ANOS

 Ola familias,

Levamos tempo preparando este vídeo  para poder ensinarvos todas as actividades que soemos facer nun día de escola. 

Tamén para que podades coñecer a nosa aula e os ambientes de xogo que temos, as tarefas que facemos e o ben que o pasamos nos recreos. Como veredes gústanos moitos pisar os charcos! 

Neste vídeo aparecen algúns dos mestres que veñen a nosa aula, o mestre de Pedagoxía Terapéutica Marcial, a mestra de prácticas Andrea, a mestra de Psicomotricidade Sara e a mestra de Audición e Linguaxe María.

Tratamos entre todos de facer agradable e divertida o tempo que pasan no cole e a súa felicidade e benestar e sempre a nosa prioridade. Tocoulles vivir a primeira etapa na escola nun momento complicado pero non vamos a deixar que isto apague os seus sorrisos.

Esperamos que vos guste!

Unha aperta

Noelia

jueves, 1 de octubre de 2020

BENVIDO OUTONO


Coa chegada da nova estación, o Outono, estamos a observar os cambios que se producen no noso entorno máis cercano.  A caídas das follas dos árbores de folla caduca, as cores do outono, o cambio no tempo atmosférico... 
Estamos aprendendo e bailando a canción do Outono de Uxía Lambona e a banda molona, e encántanos bailala todas as mañás para comezar o día con alegría e moita enerxía.
Algunhas das actividades que fixemos para dar a benvida ao outono foron:
- Recolectar follas, froitos de outono, mazorcas de millo... e os podemos manipular libremente no recuncho de experimentación e natureza.
- Asociar grafía do número a cantidade correspondente con diferentes elementos do outono, polo momento estamos a repasar ata o número 5
- Motricidade fina con plastilina: formamos a palabra outono facendo churriños de plastilina e creando as nosas propias letras
- Grafismo creativo: decoramos con diferentes tipos de trazos unha folla de outono e escribimos a palabra folla. 
- Ademáis estamos aprendendo un poema titulado "A danza do Outono" e faremos unha fermosa representación dun cadro de Gustav Klimt, "Bosque de Bidueiros en Outono".

No seguinte vídeo podedes ver todas estas actividades.