lunes, 21 de junio de 2021

DESFRUTADE DAS MERECIDAS VACACIÓNS!

 Por fin chegan as vacacións despois deste curso tan intenso, tan duro e tan diferente. Quedámonos con todas aquelas cousas que vivimos, o que aprendimos, o que nos divertimos e experimentamos. 

Recordade marcar aqueles "deberes de verán" que fai cada nen@, non é necesario facelas todas, son propostas divertidas que estou segura que recordarán. Esta idea foi sacada da conta dunha compañeira de profesión, @aprofe_inne. 



Espero que disfrutedes das vacacións!

Vos deixo unhas fotos de grupo coa mestra Maite e a mestra Sara. 



domingo, 20 de junio de 2021

ANIVERSARIOS DE XUÑO

 Alba, Vero e Oli cumpren 5 anos en xuño e así celebramos o que serán os últimos aniversarios do curso. Parabens pequenas!

        



sábado, 19 de junio de 2021

ACTIVIDADES DE FIN DE CURSO

Despois dun curso moi duro e de adaptación á nova situación, non podo estar máis orgullosa de vós.

porque nunca perdedes as ganas, a ilusión e por facer tan sinxelo o que parecía imposible.

Pola vosa total confianza para deixarnos facer cando todos estabamos mortos de medo e sen coñecernos.

Polas vosas palabras de agarimo e ánimo cando máis se necesitaban.

Polos sorrisos compartidos e por ver esas caras de alegría cada día.

Faltáronnos moitos bicos e apertas por dar pero estou segura que eses momentos voltarán.

Por aguantar con gorros, bufanfas e abrigos ante as adversidades do tempo.

Por manter viva as vosas ansias por superarnos cada día e por aguantar tantas horas coas mascarillas sendo tan pequen@s.

Por todo isto e moito mais desexamos que desfrutedes das vacacións para voltar en setembro coas mesmas ganas e compartir o que será para vós o último curso de infantil.

Con agarimo,  


Noelia



Se picades na imaxe vos levará as últimas actividades realizadas neste fin de curso. 
A última aportación do caderno de poemas, o proceso de elaboración das carpetas no que levaron os seus traballos e o que é a portada dos traballos do segundo e terceiro trimestre. 

     



sábado, 5 de junio de 2021

AS XIRAFAS NON PODEN BAILAR

 Ola familias,

por fin podemos presentar a nosa obra de teatro de fin de curso, un agasallo preparado con moito agarimo para todos vós e co que desfrutamos moitísimo. 

Foron semanas de ensaio nas que traballamos a expresión oral, a posta en escena e sobre todo a perder o medo en falar en público e desfrutando moito bailando diferentes estilos de baile. Ao final todos os nen@s sabían a parte dos demáis nenos. Todo isto non sería posible sen a axuda doutras mestras que inciden non grupo, a mestra de psicomotricidade Sara, a mestra de Pedagoxía Terapéutica Maite e a mestra de Audición e Linguaxe María. Grazas a todas por formar parte da nosa clase.

Esperamos que vos guste tanto coma  a nós.





CELEBRAMOS NOVOS ANIVERSARIOS

Liliana e Samuel únense ao clube dos nen@s de 5 anos.

Feliz 5º volta ao sol aos dous!!!