miércoles, 30 de enero de 2019

DÍA DA PAZ


Con motivo do día da paz, fixemos un pequeno acto. Cada nivel pensou unha palabra máxica para a paz. Xunto cos nenos de 5 anos B decidimos que a palabra que máis nos gustaba era AGARIMO, a preparamos poñendo cada letra nun folio para facer un conxuro no sombreiro máxico xigante e preparamos un pequeno sombreiro do que lle saían as letras da palabra máxixa. Para rematar bailamos a ritmo da canción o Baile da Paz de mamá cabra. Aquí tendes unha pequena mostra do acto. 












PUNTILLISMO EN PAPEL DE COCIÑA

Hoxe fixemos puntillismo dunha forma distinta, empregando papel de cociña decoramos con rotuladores de distintas cores facendo a nosa propia obra de arte á que cada neno/a puso o seu título. 











ANIVERSARIOS XANEIRO

No ano 2019 comezan a cumprir os 6 anos, e as primeiras en cumprilos foron Maia e Xulia. O celebramos xunto coa mestra Noelia o pasado xoves. 
Parabens pequenas!

EXPOSICIÓN OS MAGOS


O mago Lucas e a maga Paula falárannos dos magos.  Ensináronnos que os magos visten con frac , gorro e chaleco.
Hai diferentes tipos de magos e empregan distintos tipos de obxetos para facer os seus trucos. A varita máxica, o sombreiro e o coello. Uns usan cartas, outros empregan panos, cofres ou caixas. 
Para rematar fixéronnos dous trucos de maxia. Estiveron xeniais!






Despois fixemos unha ficha na que localizabamos as partes do mago, unindo o debuxo coa palabra correspondente e fixemos unha sopa de letras na que atopas 4 palabras relacionadas co mago.

Como o día 31 é o día da maxia, os nenos e nenas levaron esta semana unha especie de pirámide que tiña un segredo escondido co que facer aparecer e desaparecer unha moeda. Practicamos na clase coas moedas da tenda e todos entenderos o truco. Tamén levaron dúas cartas que podían convertir facendo aparecer un corazón máis nun dous e cinco de corazóns. 

sábado, 19 de enero de 2019

BEBEDIZO DA PAZ

O mércores chegou ao cole unha caixa chea de laranxas e decidimos facer un bebedizo da paz. 

Os ingredientes deste bebedizo foron:
- Laranxas
- Azúcar da paz

Os utensilios empregados:
- 3 exprimidores
- Coitelos
- Xerra 

Encantounos exprimir o noso propio zume de laranxa e brindar a grito da palabra PAZ. 

Despois do brindis, fixemos unha ficha do proxecto no que deixamos plasmado os pasos a seguir para a elaboración do bebedizo e os utensilios e ingredientes empregados. 

Aprendemos facendo, aprendemos xogando, aprendemos experimentando e con actividades significativas para eles.



Noelia





jueves, 10 de enero de 2019

OS PERSONAXES DO MAGO DE OZ

Durante este trimestre estivemos a traballar a obra de teatro do Mago de Oz, e o día do ensaio xeral  antes do gran día aproveitamos para sacar unhas fotos de recordo. 


O día 20 de decembro chegaba o día da actuación, entre os nenos notábase  o seu nerviosismo e ilusión por actuar diante doutros nenos e mestres e sobre todo das súas familias. No escenario notouse a seguridade en sí mesmo dos nenos, o duro traballo de varios meses para que os nenos falaran alto, despacio e clariño, para perder a vergoña de falar en público, para transmitir e para axudar a outros compañeiros se se esquencían do texto. Todo foi xenial e neste vídeo podedes volver a desfrutar da posta en escena destes pequenos grandes artistas. 
De novo grazas ás familias que axudaron no decorado e na preparación dos disfraces.


OS NOSOS DESEXOS DE NADAL


Coa chegada do nadal, os nenos e nenas de 5 anos contáronnos cales eran os seus desexos de Nadal. 



Felices festas para todos!