Mostrando entradas con la etiqueta MAGOSTO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta MAGOSTO. Mostrar todas las entradas

sábado, 14 de noviembre de 2020

MAGOSTO NO SEIS

 Para celebrar o Magosto no cole, estivemos a traballar unhas semanas antes. 

- Coñecimos a canción "O rap do Magosto" de Paco Nogueiras que puidemos bailar como cada un quería.

- Picamos unha castaña e a decoramos con diferentes técnicas (usando tenedor e pincel). Decoramos un folio con pincel facendo unha serie de cores de outono (vermello, amarelo e laranxa).     

             

             

- Despois o deixamos deixar e fixemos diferentes trazos en cada unha das cores (círculo, montañas, e liñas horizontais) e escribimos a palabra  CASTAÑA                        


Así de bonitas quedaron!

- Preparamos unha coroa de magosto con follas de outono. Para facelas, primeiro clasificamos as follas atendendo ao criterio de tamaño: formamos as palabras pequeno, mediano e grande e cada neno clasificou a folla que lle tocou segundo o tamaño. 
Despois contamos as follas de cada tipo que tiñamos e apuntamos cantas faltaban ata ter 18 follas dos tres tamaños diferentes . 
Decoramos a nosa propia coroa e esribimos a palabra MAGOSTO

      

- Por último, o día 13 chegou o momento da festa, puxemos as coroas creadas e festexamos o Magosto comendo castañas e con xogos diferentes (itinerario con robots, mariquiña, peonzas, equilibrios e paracaídas) 

                                 


lunes, 3 de diciembre de 2018

FESTA DO MAGOSTO

O día 10 de novembro, celebramos a festa do Magosto. Algunhas mestras asaron as castañas e mentres puidemos divertirnos nos xogos: carreira de relevos, bolos, o come-castañas... O pasamos xenial. Logo desfrutamos da degustación dunhas deliciosas castañas.