domingo, 21 de febrero de 2021

ENTROIDO

 No mes de febreiro celebramos o entroido no cole, de todos os equipos que temos na aula o que máis nos gusta son os rockeros, polo que estivemos buscando un baile e unha música que nos gustara para preparar unha festa. Eleximos o musical Grease, preparamos un cartel como o da película coa axuda da mestra de prácticas Andrea e a profe Sara axudounos a preparar o baile "You are the one that I want", e a preparar o Photocall no que fixemos as fotos. Moitas grazas mestra Sara.

         

                 

Así de bonito quedou!


Investigamos sobre a mascarada, bailes cortesanos nos que os invitados levaban máscaras e fixemos as nosas propias máscaras. Para facelas eleximos varias cores e fixemos barrido cunha bandexa, despois decoramos libremente. A ver se sodes capaces de descubrir quén está detrás de cada unha destas máscaras.




O mércores o meco mandou traer pintadas as uñas de cores. 

                          


O xoves tivemos que vir en pixama,directos dende a cama




E o venres, festa rachada ao estilo Grease!!






ANIVERSARIOS DE FEBREIRO

 No mes de Xaneiro celebramos os aniversarios de Sabela e Sara. Xa teñen 5 anos e así de felices celebramos o seu día. PARABENS!!