jueves, 28 de enero de 2021

ANIVERSARIOS DE DECEMBRO

 No mes de decembro celebramos os aniversarios de Valeria e Andrea, a mestra de prácticas. Parabéns!!!

                 

                

DÍA DA PAZ

 Con motivo do día da PAZ estamos aprendendo unha nova poesía para o noso caderno de poemas.


Ademais descubrimos que Keith Haring, nos seus cadros de arte reflexaba o valor do amor e da amizade. De ahí un dos seus cadros máis coñecidos "Best Buddies", que significa mellores amigos. 
Faremos unha reprodución do cadro a nosa maneira como auténticos grafiteiros.





martes, 12 de enero de 2021

CHEGOU O INVERNO

 Coa chegada do Inverno e da borrasca que cubriu de branco gran parte do país, entrounos ganas de xogar coa neve. 

MESA DE EXPERIMENTACIÓN: creamos neve con bicarbonato e auga para diferentes propostas de actividades na mesa de luz e de experimentación (trasvases de recipientes, motricidade fina, grafías, novas texturas e sensacións...) porque a verdade é que conseguimos unha textura moi similar ao da neve.



LECTOESCRITURA E VOCABULARIO: tamén traballamos vocabulario de inverno, traballando así a lectoescritura nos diferentes niveis. Estas tarxetas foron elaboradas por " Elena_infantil e maestracont" que sempre comparten material moi útil nas redes sociais e que nós preparamos para os nosos nenos e nenas.
As letras as temos organizadas nunha caixiña de tornillos, etiquetada  para que sexa máis sinxelo atopalas e formas as palabras.



    


ARTE: descubrimos algúns dos colores de inverno e buscamos as diferenzas coas cores do outono. No inverno predominan os cores fríos, coma os azuis en todas as súas tonalidades, os lilas e o branco. Estamos preparando algo moi bonito para decorar a nosa aula coas cores do inverno.                            




CONTEO E LÓXICA MATEMÁTICA: fixemos conteo con folerpas (copo de neve) e ademais aprendimos esta fermosa palabra galega. 

MOTRICIDADE FINA: empregamos tizas para facer folerpas seguindo 4 pasos




Pronto  poderedes ver máis propostas de actividades para poder compartir cos vosos nenos.



NADAL AFRICANO

Aquí vos deixo o baile Africano que preparamos para o Nadal que aínda non había subido. Esperamos que vos gusten.