Nas últimas semanas, 4 nenos/as faláronnos dos magos máis famosos de Galicia, España e do resto do mundo.
Carmen e Daniella falaron dos diferentes tipos de mago: escapista, cartomago
E tamén daquilo que se precisa para ser mago: cartas, varita, chistera, capa ou frac, flores, panos...
Expuseron as ideas máis interesantes do Mago Teto, Inés Molina, Juan Tamaríz e Jorge Blass.
O Mago Teto é un mago moi coñecido en Galicia que mistura o humor, a maxia e o ilusionismo nos seus espectáculos.
Inés Molina, máis coñecida como Inés la Maga é cartomaga.
Juan Tamariz: e un mago especialista na cartomaxia, ou maxia de cerca. A súa forma de facer maxia ensínase en varias universidades.
Jorge Blass: foi alumno de Juan Tamariz, actuou con David Copperfield na súa xira por España. É cofundador da fundación Abracadabra que trata de levar a maxia a hospitais, residencias de ancianos, discapacitados psíquicos...
Simón e Martín faláronnos da David Copperfield e Houdini e fixéronnos uns trucos de maxia.
David Copperfield é coñecido por facer desaparecer a estatua da liberdade e o tren oriente express.
Houdini, foi un escapista moi famoso que viaxaba por todo o mundo demostrando que podía escapar de calquera lugar.