domingo, 20 de diciembre de 2020

O NOSO NADAL PERFECTO

Ola familias, 
estas semanas estivemos escoitando a canción de Iván Vale, O meu Nadal perfecto, fixemos unha montaxe con todos os traballiños que preparamos para este Nadal e aprendimos unhas frases que forman parte da nosa felicitación. Esperamos que vos guste! 
Bo nadal para todos aínda que sexa diferente temos que aprender a valorar os pequenos momentos coas personas que máis queremos.



jueves, 26 de noviembre de 2020

ANIVERSARIOS NOVEMBRO

No mes de novembro celebramos os aniversarios de Inés, Enzo e Iria. Xa teñen 4 anos! Parabéns pequenos!!! Catro voltas ao sol!







25 NOVEMBRO POLA IGUALDADE

 O 25 de Novembro celébrase o día para a eliminación da violencia de xénero. En Educación Infantil enfocamos este tema traballando diferentes álbumes ilustrados e cos conflictos que xurden no día a día da aula. 

Co conto "Las niñas vuelan alto" e "Las niñas serán lo que quieran ser" traballamos a importancia de perseguir os nosos soños. Para que ninguén, nin  nenos nin nenas deixen de soñar e voar alto.




Coincidindo co mes da ciencia, traballamos tamén a unha muller científica, Jane Goodall e coñecimos a súa labor como primatólogo e a súa dedicación e estudo dos chimpacés en África. 
Aproveitamos para convertinos en científicas e fixemos un experimento no que traballamos a erupción dun volcán con vinagre, bicarbonato e colorante alimenticio.






COMEZAMOS O PROXECTO: DANZAS DO MUNDO. 1º DESTINO: ÁFRICA

 Como sabedes, estivemos a investigar sobre un cadro pintado por Paul klee. 

En primeiro lugar observamos a lámina e plantexamos as nosas propias hipóteses:

- Son pantasmas

- Hai cadrados, círculos e triángulos

- Hai rectángulos

- Son persoas e nenos

- Teñen medo porque hai unha xirafa

- Non, teñen medo porque hai un perro salchicha

Coa axuda das familias e da investigación nas casas un neno aporta o título do cadro: " Bailando por medo" e comezamos a investigar un pouquiño máis seguindo as rutinas de pensamento:

1º Veo

2º Pienso

3º Me pregunto



Coñecemos un pouco máis sobre o pintor do cadro. Paul Klee descubriu dende moi pequeno que o que realmente lle gustaba era pintar e o seu soño era ser pintor. Nun viaxa a África quedou marabillado coas súas cores e foi así como descubriu a cor. 
Por ese motivo os nenos decidiron viaxar a África, porque xa coñecían algúns animais e querían seguir aprendendo máis sobre este continente que agocha tantas cousas marabillosas. 

Asi que puxémonos mans a obra, estudiamos as posibilidades de medios de transporte que poderiamos usar tendo en conta que dende Vigo a África sepáranos un Océanos. A única forma de chegar era en barco ou en avión. Despois das votación a opción elixida foi o barco. Preparamos as nosas tarxetas e os gorros de mariñeiros. O mércores 18 de novembro emprendíamos a nosa viaxe a África con toda a ilusión do mundo. Podedes ver as imaxes e o vídeo resumo da nosa viaxe. 
Porque as mochilas de vida dos nosos nenos e nenas teñen que estar cheas de experiencias vividas. Aquí temos unha delas!














sábado, 14 de noviembre de 2020

MAGOSTO NO SEIS

 Para celebrar o Magosto no cole, estivemos a traballar unhas semanas antes. 

- Coñecimos a canción "O rap do Magosto" de Paco Nogueiras que puidemos bailar como cada un quería.

- Picamos unha castaña e a decoramos con diferentes técnicas (usando tenedor e pincel). Decoramos un folio con pincel facendo unha serie de cores de outono (vermello, amarelo e laranxa).     

             

             

- Despois o deixamos deixar e fixemos diferentes trazos en cada unha das cores (círculo, montañas, e liñas horizontais) e escribimos a palabra  CASTAÑA                        


Así de bonitas quedaron!

- Preparamos unha coroa de magosto con follas de outono. Para facelas, primeiro clasificamos as follas atendendo ao criterio de tamaño: formamos as palabras pequeno, mediano e grande e cada neno clasificou a folla que lle tocou segundo o tamaño. 
Despois contamos as follas de cada tipo que tiñamos e apuntamos cantas faltaban ata ter 18 follas dos tres tamaños diferentes . 
Decoramos a nosa propia coroa e esribimos a palabra MAGOSTO

      

- Por último, o día 13 chegou o momento da festa, puxemos as coroas creadas e festexamos o Magosto comendo castañas e con xogos diferentes (itinerario con robots, mariquiña, peonzas, equilibrios e paracaídas) 

                                 


miércoles, 11 de noviembre de 2020

CUMPLE DE LEO

 No mes de outubro, celebramos o aniversario de Leo que xa cumpliu 4 anos e o celebramos xunto os seus compañeiros cunha tarta decorada con motivos de Samaín pero que non era comestible.  

Parabéns Leo, xa diches 4 voltas ao Sol!!!

´



MOTIVACIÓN PROXECTO O BAILE

 Ola familias,

hoxe aconteceu algo moi importante na nosa clase, chegou a mestra Maite cunha carta que aparecera no patio e era para os nenos e nenas da nosa clase. 

A carta foi enviada por unha exploradora chamada Lola que precisa da nosa axuda para descubrir un reto: trátase de resolver o mistorio do cadro.  A ver se entre todos o adiviñamos. 

Na aula observamos a lámina e xa vimos moitas cousas:

- Hai formas xeométricas: círculos, cadrados, rectángulos

- Parece unha cidade

- Noooo, parece que teñen medo de algo

-Parecen persoas asustadas

- Aparece na parte superior esquerda algo semellante a unha xirafa

- Tamén vimos un can

- ....

Axudádesnos a descubrir o enigma?








O GRITO DE EDWARD MUNCH

Durante varias semanas estivemos a traballando no cadro O grito de Munch, comezamos investigando sobre o pintor do cadro e a persoa que representou no cadro. Que emoción representaba? Sorpresa, alegría, tristeza... ? Non!!!! todos tiveron claro que a emoción que se representaba era o MEDO. 

Falamos daquilo que a cada un de nós prodúcenos medo: os ratos, as serpes, non ter preto a nosa nai ou pai, os monstruos, as pantasmas...  e fixemos a nosa propia representación do cadro poñendo cara de medo. Quedaron uns cadros moi bonitos.








O cadro do grito ía acompañado da poesía "A bruxa Maruxa"