Mostrando entradas con la etiqueta samaín. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta samaín. Mostrar todas las entradas

sábado, 31 de octubre de 2020

ACTIVIDADES SAMAÍN

 Durante estas dúas últimas semanas estivemos traballando en propostas relacionados co Samaín, diferentes propostas que nos axudan a mellorar na motricidade fina, a lectoescritura, a lóxica matemática de forma divertida.

- A nosa pantasma:

A primeira actividade que fixemos relacionada con Samaín foi unha fermosa pantasma. Cada neno recortou a súa pantasma, seguiu o trazo recortando o traxe do pantasma, pegou a adiviña e escribiron a palabra PANTASMA con ceras prateadas! Desta forma traballamos o recortado, a conciencie fonolóxica para a escritura da palabra pantasma e as adiviñas.

 




- Unha ARAÑA terroríficamente fermosa: 

Para facer a tela de araña, unimos cada punto coa regra. Tivemos que estar moi concentrados para facelo porque require unha gran destreza óculo-manual. Despois decoramos cada unha das partes da tela de araña de diferentes cores. Para facer a araña, pintamos as mans de negro (iso encantounos) e para rematar eleximos uns ollos e fixemos a boquiña da araña. Soamente con ver o resultado podedes comprobar o fermosas que quedaron. Con esta actividades traballamos a coordinación óculo-manual, diferentes tipos de trazos que axudaran a mellorar a forza da man para realizar actividades que requiran maior destreza motriz.




             

Tamén fixemos churriños con plastilina e formamos a palabra araña.


- A VASOIRA da bruxa Maruxa:

Para facer as vasoiras precisamos limpapipas, abalorios variados, cartolina amarela e tesoiras.
O primeiro que fixemos foi recortar o anaco de plastilina sen chegar ao final, polo que require un gran control da man e da destreza de recortado, despois o unimos o limpapipas, seleccionamos 10 abalorios diferentes traballando así o conteo ata o número 10 e foron decorando a súa vasoira da maneira que máis lles gustaba. 





- Mesa sensorial:

Na mesa sensorial apareceu sangue de vampiro que desprendía un arrecendo a froitos vermellos, e tiñamos que descubrir bechos e ollos de sapo que estaban conxelados entre a sangue dos vampiros, para iso empregamos pipetas coas que colliamos o sangue e fixemos trasvases.  

    

- Mesa de Luz:

Na mesa de luz tiñamos unha proposta de cabazas terroríficas para completar como cada un quería.


- Lectoescritura e lóxica-matemática:
Por último fixemos a nosa propia apócema empregando diferentes ingredientes. Escribimos a palabra Apócema e completamos engadindo as cantidades e anotando en cada unha das receitas coa axuda da recta numérica.
       

     

Esta semana coñecimos un novo conto, "Una cena monstruosa".Un libro moi divertido no que 9 personaxes horripilantes reúnense para cenar nun famoso restaurante con tres estrelas negras. Descubrimos levantando cada tapa a comida elexida para cada un dos comensais, platos tan asquerosamente deliciosos como croquetas da avóa, caracois cocidos na súa baba, doce de xeado con merengue encantado... pero o mellor e cando chega o invitado sorpresa, un neno que come hamburguesa de moitos pisos, pasta XXL á boloñesa...
Limos contos con lanternas e a escuras,gustounos moito.




 Aquí tendes un vídeo con todas estas actividades. Esperamos que vos gusten. Esto é só unha pequeña mostra de todo o que traballamos na aula. 




                                      

                  Noelia