jueves, 18 de marzo de 2021

PRANTAMOS UN CARBALLO

O venres 12 de marzo prantamos un Carballo, seremos os seus padriños e madriñas, o coidaremos e o veremos crecer tanto coma nós. Para prantalo tivemos que botarlle esterco e terra, cada un de nós participou dunha maneira ou doutra no proceso. Despois medímolo para comparalo coa nosa altura. Mide 95 cm. 


   

Fixemos un mural cun debuxo dun carballo  e eleximos o nome do carballo, será Carballo Muiñeira. ide Fixemos unha regra que ten ata 115 cm. Pintamos todo por equipos, e despois medímonos para poñer na regra o noso nome no número que indica a nosa altura, así comparamos os nenos que son máis altos, os máis baixos, os que miden igual que o carballo... 
                                                                  

E así foi o resultado final! Traballo en equipo, feito por todos, cada un participou dunha maneira ou doutra: uns pintaron, otros fixeron as letras do nome do carballo, outros a regra...




MULLERES IMPORTATES POLO 8 DE MARZO E SEMANA DA PRENSA

 O 8 de marzo conmemórase o día internacional da muller, e nós quixemos facer unha homenaxe a aquelas persoas importantes para cada un de nós (irmáns, nais, avóas, tías, madriñas...).

Cada un elixiu a muller ou nena á que lle daría a súa tarxeta. Fixeron un debuxo e adicáronlle unhas fermosas palabras.


                


Tamén coincidindo coa Semana da Prensa e co tema do calentamiento global nos círculos polares, o deshielo... coñecimos a Greta Thumberg, unha nena moi preocupada por salvar o noso planeta dos efectos da contaminación que facía folga todos os venres e non ía ao colexio en sinal de protesta.

Tamén coñecimos a Wangari Mathai, unha muller africana que axudou a prantar as Árbores da Paz para evitar os efectos da deforestación e prantou xunto con outras mulleres africanas o coñecido "Cinturón verde". 

Fixemos dúas noticias  de forma colaborativa e as publicamos no Faro do Seis.


           








ANIVERSARIO DE MARZO

  O 9 de marzo foi o aniversario de Rafa. Mostrounos fotos de cada un dos primeiros 4 anos da súa vida e soprou a súa vela co número 5. Parabéns!!!



 

lunes, 1 de marzo de 2021

PINGÜINAUTA

As aventuras non son o máis importantes, é estar xuntos o que nos fai GRANDES. Este fermoso conto, ensínanos o valor da amizade, a cooperación... é así cando realmente desfrutamos. Gustounos tanto as aventuras deste Pingüinauta que todos o queríamos levar para casa. Polo que fixemos unhas miniaturas con plastilina. 

No noso planisferio localizamos onde viven os diferentes animais polares, e os diferentes tipos de pingüíns. Os pingüíns son aves pero non poden voar, as súas ás convertíronse en aletas por iso son uns excelentes nadadores. 


Aquí tendes a nosa colonia de pingüíns.

 


Do Polo Norte chegou un Inuit directo ao cole para bailar ao ritmo da canción Nanuk o esquimó e para ensinar a estes nenos os traxes que levan os esquimós feitas con peles de animais para protexerse das baixas temperarutas. 


Esta adiviña a estamos a aprender estes días e tamén localizamos e escribimos as partes dun pingüín


DÍA DE ROSALÍA

O día 24 de Febreiro celebramos o día de Rosalía de Castro porque é o seu aniversario. Coñecimos algunhas cousiñas acerca desta escritora. Naceu en Santiago de Compostela, pero pronto foi vivir a Padrón coas súas tías. Nos seus poemas expresaba a súa tristeza e melancolía, e sobre todo o amor pola súa terra, Galicia. Un dos seus poemarios máis coñecido foi Cantares Gallegos que foi publicado o 17 de maio do 1863, por iso cada ano celebramos o día das Letras Galegas o 17 de maio.

Para xogar e aprender cousiñas de Rosalia de Castro, empregamos un genially elaborado por Alba Carril Casanova. Graciñas por compartilo con nós.



No cole tenemos a sorte de contar con este mural de Rosalía de Castro realizada pola artista Abi Castillo


                                              

Aquí vos deixamos os retratos que preparamos na nosa aula