viernes, 6 de mayo de 2022

APADRIÑAMENTOS LECTORES E MAIO

 Con motivo do día do libro, todo o alumnado do centro participou na actividade de apadriñamentos lectores. Os nenos e nenas do 3º curso de primaria seleccionou un libro para compartir cos nosos nen@s. Todos quedaron encantados coa actividade e a oportunidade de desfrutar dun momento ao aire libre xunto cos nosos padriños e madriñas.

Tamén participamos la elaboración do Maio coas flores que trouxemos.

Vos deixo un fermoso vídeo con eses momentos de lectura compartida e do noso maio.




domingo, 27 de febrero de 2022

ENTROIDO MEDIEVAL

 Grazas a tod@s os nen@s e familias pola vosa axuda para crear o noso castelo gominola e por convertir a estes nen@s en auténticos bufóns, bruxas, damas e cabaleiros, sen vós non sería posible. 

Esperamos que desfrutedes vendo estes vídeos como o fixemos nós.










miércoles, 23 de febrero de 2022

DÍA DE ROSALÍA. 23 DE FEBREIRO

Hoxe, día 23 de febreiro, celebramos o día de Rosalía de Castro a partir das propostas da nosa biblioteca Atlas dos Soños. Escibimos versos nunha flor, prantamos nunha bota pensamientos que era a flor que máis lle gustaba. Ademáis coloreamos o seu retrato e escribimos o seu nome.  Neste vídeo podedes ver unha pequeña mostra das actividades con motivo deste día. 







jueves, 17 de febrero de 2022

DÍA DO AMOR E DA AMIZADE

 O luns 14 de febreiro celebramos o Día do Amor e da Amizade. Decoramos unhas pedriñas con palabras de agarimo para as persoas que máis queremos. Que afortunados somos de ter tanta xente que nos quere!



viernes, 11 de febrero de 2022

APÓCEMAS MÁXICAS

 Os nenos e nenas de 6º de Educación Infantil estivemos facendo apócemas máxicas e pasámolo xenial, e compartímolas con vós para que vexades cántas cousas aprendemos e qué ben o pasamos. 





martes, 9 de noviembre de 2021

SAMAÍN

 Para a celebración do Samaín, preparamos nas nosas casas unha fermosas cabazas e fixemos uns portavelas dunha pantasma, pois estamos aprendendo un novo poema. Estamos comezando a investigar sobre as personaxes do castelo: bruxas, cabaleiros, pantasmas, bufóns....




PROXECTO OS CASTELOS

  A finais de Setembro recibimos a visita dun Peregrín que viña agotado por un camiño misterioso. Nese camiño, atopouse cun fermoso castelo enfeitizado por unha bruxa, a bruxa Patuxa que ten atrapado a todos os habitantes do castelo. Na torre de homenaxe está encerrado un bufón real que pedía axuda ao noso peregrín. 

Como o peregrín non foi capaz de axudalo, o cabaleiro triste deulle un pergamino cunha mensaxe moi clara, entregala aos nenos e nenas de 5 anos do Seis do Nadal , eles saberían como axudalo.

Este é o pergamino e así é a malvada bruxa Patuxa

 



Así foi a visita do Peregrín e así imaxinamos ao noso bufón real.