martes, 9 de noviembre de 2021

PROXECTO OS CASTELOS

  A finais de Setembro recibimos a visita dun Peregrín que viña agotado por un camiño misterioso. Nese camiño, atopouse cun fermoso castelo enfeitizado por unha bruxa, a bruxa Patuxa que ten atrapado a todos os habitantes do castelo. Na torre de homenaxe está encerrado un bufón real que pedía axuda ao noso peregrín. 

Como o peregrín non foi capaz de axudalo, o cabaleiro triste deulle un pergamino cunha mensaxe moi clara, entregala aos nenos e nenas de 5 anos do Seis do Nadal , eles saberían como axudalo.

Este é o pergamino e así é a malvada bruxa Patuxa

 



Así foi a visita do Peregrín e así imaxinamos ao noso bufón real.



No hay comentarios:

Publicar un comentario