jueves, 10 de enero de 2019

OS PERSONAXES DO MAGO DE OZ

Durante este trimestre estivemos a traballar a obra de teatro do Mago de Oz, e o día do ensaio xeral  antes do gran día aproveitamos para sacar unhas fotos de recordo. 


O día 20 de decembro chegaba o día da actuación, entre os nenos notábase  o seu nerviosismo e ilusión por actuar diante doutros nenos e mestres e sobre todo das súas familias. No escenario notouse a seguridade en sí mesmo dos nenos, o duro traballo de varios meses para que os nenos falaran alto, despacio e clariño, para perder a vergoña de falar en público, para transmitir e para axudar a outros compañeiros se se esquencían do texto. Todo foi xenial e neste vídeo podedes volver a desfrutar da posta en escena destes pequenos grandes artistas. 
De novo grazas ás familias que axudaron no decorado e na preparación dos disfraces.


No hay comentarios:

Publicar un comentario