martes, 12 de enero de 2021

CHEGOU O INVERNO

 Coa chegada do Inverno e da borrasca que cubriu de branco gran parte do país, entrounos ganas de xogar coa neve. 

MESA DE EXPERIMENTACIÓN: creamos neve con bicarbonato e auga para diferentes propostas de actividades na mesa de luz e de experimentación (trasvases de recipientes, motricidade fina, grafías, novas texturas e sensacións...) porque a verdade é que conseguimos unha textura moi similar ao da neve.



LECTOESCRITURA E VOCABULARIO: tamén traballamos vocabulario de inverno, traballando así a lectoescritura nos diferentes niveis. Estas tarxetas foron elaboradas por " Elena_infantil e maestracont" que sempre comparten material moi útil nas redes sociais e que nós preparamos para os nosos nenos e nenas.
As letras as temos organizadas nunha caixiña de tornillos, etiquetada  para que sexa máis sinxelo atopalas e formas as palabras.



    


ARTE: descubrimos algúns dos colores de inverno e buscamos as diferenzas coas cores do outono. No inverno predominan os cores fríos, coma os azuis en todas as súas tonalidades, os lilas e o branco. Estamos preparando algo moi bonito para decorar a nosa aula coas cores do inverno.                            




CONTEO E LÓXICA MATEMÁTICA: fixemos conteo con folerpas (copo de neve) e ademais aprendimos esta fermosa palabra galega. 

MOTRICIDADE FINA: empregamos tizas para facer folerpas seguindo 4 pasos




Pronto  poderedes ver máis propostas de actividades para poder compartir cos vosos nenos.



No hay comentarios:

Publicar un comentario