sábado, 14 de noviembre de 2020

MAGOSTO NO SEIS

 Para celebrar o Magosto no cole, estivemos a traballar unhas semanas antes. 

- Coñecimos a canción "O rap do Magosto" de Paco Nogueiras que puidemos bailar como cada un quería.

- Picamos unha castaña e a decoramos con diferentes técnicas (usando tenedor e pincel). Decoramos un folio con pincel facendo unha serie de cores de outono (vermello, amarelo e laranxa).     

             

             

- Despois o deixamos deixar e fixemos diferentes trazos en cada unha das cores (círculo, montañas, e liñas horizontais) e escribimos a palabra  CASTAÑA                        


Así de bonitas quedaron!

- Preparamos unha coroa de magosto con follas de outono. Para facelas, primeiro clasificamos as follas atendendo ao criterio de tamaño: formamos as palabras pequeno, mediano e grande e cada neno clasificou a folla que lle tocou segundo o tamaño. 
Despois contamos as follas de cada tipo que tiñamos e apuntamos cantas faltaban ata ter 18 follas dos tres tamaños diferentes . 
Decoramos a nosa propia coroa e esribimos a palabra MAGOSTO

      

- Por último, o día 13 chegou o momento da festa, puxemos as coroas creadas e festexamos o Magosto comendo castañas e con xogos diferentes (itinerario con robots, mariquiña, peonzas, equilibrios e paracaídas) 

                                 


No hay comentarios:

Publicar un comentario