viernes, 21 de septiembre de 2018

COMEZAMOS UN ANO MÁXICO (CURSO 2018/19)

Comezamos o curso 2018/2019, con moita emoción , coa novidade de atopar unha nova aula, novos xogos, novos recunchos e novos espazos nos que pasaremos os seguintes 9 meses xuntos para rematar unha etapa que comezamos hai xa dous cursos, cando os 25 nenos e nenas chegaban por primeira vez ao cole con algo de medo pero con moitos desexos de aprender.
Con 3 anos, cando comezabamos o cole
E así rematamos o curso de 4 anos


Este novo curso, será un curso especial, no que disfrutaremos de cada momento xuntos, de cada xogo, de cada conto... e encheremos os nosos corazóns de novas experiencias e momentos para APRENDER A VOAR coas ideas claras, con seguridade, con ledicia, amor e valentía, con respeto e resposabilidade, con paciencia,  optimismo e felicidade.


Os primeiros días, despois da volta das vacacións, descubrimos os recunchos da nosa aula e recordamos as normas e as rutinas.

Aprendemos a divertirnos cos novos xogos, desfrutamos cos compañeiros e ademais afianzamos contidos traballados. A norma máis importante no traballo por recunchos é deixar cada cousa no seu sitio, coidar o material, compartir e axudar aos compañeiros.
No seguinte vídeo podedes ver o traballo nos diferentes recunchos da aula:
- Recuncho dos soñacontos e letras
- Recuncho de vitaminas matématicas
- Recuncho de xogo simbólico e disfraces
- Recuncho de arte e plastilina
- Recuncho de construcións, animais e coches












Esperamos que vos guste a nosa aula tanto como a nós!

Noelia

No hay comentarios:

Publicar un comentario