lunes, 24 de septiembre de 2018

POLICUBOS

Este ano estamos a traballar con novos materiais manipulativos, un deles son os cubos multilink ou policubos.
Trátase duns cubos encaixables por todas as súas partes, de cores variados e que permiten realizar múltiples actividades matemáticas ademais de mellorar a motricidade fina dos nen@s.
Comezamos empregando os policubos para o conteo, para facer agrupacións, para representar os números en decenas e unidades...
Preparamos unhas tarxetas para construir números seguindo a cor que indica e uns modelos para seguir series e axudar a mellorar o razoamento matemático, a orientación espacial...



Tamén é moi útil para iniciarse nas sumas e nas restas, pois é un material manipulativo e é máis sinxelo para os rapaces entender eses conceptos. 



Sírvenos para facer comparacións, cantas pezas máis tes ti que eu? cantas menos teño eu? cal sería a metade de 10, 12, 13...?, e o dobre de 5, 6...? 
Facer agrupacións por cores: agrupar todos os vermellos nun bote, noutro as verdes... 
E o que máis lles gusta, xogar con eles libremente deixando voar a súa imaxinación e fomentar a súa creatividade. 

Profe, cantos anos tes? Estas son as túas velas de aniversario!

Noe! Podes facer unha foto ao meu robot?

Mira a nosa arañeira!
Cantas cousas podemos facer cuns policubos!

Noelia

No hay comentarios:

Publicar un comentario