jueves, 1 de noviembre de 2018

EXPOSICIÓNS DO PROXECTO

Ao longo do mes de outubro comezamos coas exposición por parellas. Os primeiros en comezar foron Nóah e Mateo que falaron das bruxas e magos dos contos que coñecen, como o Mago de Oz, Brancaneves, Cincenta, a serea Ariel...





 A segunda semana de outubro foi o turno de Iván e Laia, que falaron dos diferentes tipos de bruxas, pois non todas son bruxas malas, tamén hai bruxas boas. 
Faláronnos dos seus obxectos máxicos: vasoiras para voar, os potes para facer as pócemas, os corvos...




E coincidindo coa festa do Samaín, Nuno e Xulia explicáronnos a orixe desta festa. As tradicións galegas en torno o Samaín (dar a benvida ao inverno e despedir o verán), a lenda da Santa compaña, os calacús, e algúns seres máxicos como as Xacias (sereas de auga doce que están nos ríos),  as Mouras (que son como fadas que gardan e protexen os bosques)... 
Xulia fixo unha demostración da queimada galega seguindo os pasos marcados na súa exposición. 
O fixeron xenial!






Aprendimos moitas cousas novas grazas a estas tres exposicións, grazas familias por axudarlles a 
preparalas. É importante e moi enriquecedor para eles que sexan capaces de "memorizar" pequenas informacións e transmitilas ao resto dos compañeiros/as.

No hay comentarios:

Publicar un comentario