jueves, 1 de noviembre de 2018

SAMAÍN DE MEDO

Coincidindo coa festa do Samaín, preparamos un poema relacionado co tema. Coñecimos a obra de arte "O grito de Munch" e fixemos o noso propio pantasma. Pois chegamos a conclusión de que a persoa que aparece asustado no cadro do grito está morto de medo porque viu unha pantasma. 
Imagen relacionada

Ademáis os nenos e nenas trouxeron unhas fermosas cabazas que prepararon coas súas familias, moitas delas caracterizadas cos personaxes do Mago de Oz, como o Home de Latón, a bruxa do este, a fada Glinda, Dorothy... Con esas cabazas preparouse na sala Rosalía un pasadizo de medo, que parecía un verdadeiro bosque máxico con personaxes galegos como o Lobishome, o aquelarre das meigas, mouchos, curuxas e Mouras... 
Tamén tivemos contacontos de medo na biblioteca!

























No hay comentarios:

Publicar un comentario