jueves, 26 de noviembre de 2020

COMEZAMOS O PROXECTO: DANZAS DO MUNDO. 1º DESTINO: ÁFRICA

 Como sabedes, estivemos a investigar sobre un cadro pintado por Paul klee. 

En primeiro lugar observamos a lámina e plantexamos as nosas propias hipóteses:

- Son pantasmas

- Hai cadrados, círculos e triángulos

- Hai rectángulos

- Son persoas e nenos

- Teñen medo porque hai unha xirafa

- Non, teñen medo porque hai un perro salchicha

Coa axuda das familias e da investigación nas casas un neno aporta o título do cadro: " Bailando por medo" e comezamos a investigar un pouquiño máis seguindo as rutinas de pensamento:

1º Veo

2º Pienso

3º Me pregunto



Coñecemos un pouco máis sobre o pintor do cadro. Paul Klee descubriu dende moi pequeno que o que realmente lle gustaba era pintar e o seu soño era ser pintor. Nun viaxa a África quedou marabillado coas súas cores e foi así como descubriu a cor. 
Por ese motivo os nenos decidiron viaxar a África, porque xa coñecían algúns animais e querían seguir aprendendo máis sobre este continente que agocha tantas cousas marabillosas. 

Asi que puxémonos mans a obra, estudiamos as posibilidades de medios de transporte que poderiamos usar tendo en conta que dende Vigo a África sepáranos un Océanos. A única forma de chegar era en barco ou en avión. Despois das votación a opción elixida foi o barco. Preparamos as nosas tarxetas e os gorros de mariñeiros. O mércores 18 de novembro emprendíamos a nosa viaxe a África con toda a ilusión do mundo. Podedes ver as imaxes e o vídeo resumo da nosa viaxe. 
Porque as mochilas de vida dos nosos nenos e nenas teñen que estar cheas de experiencias vividas. Aquí temos unha delas!














1 comentario: