viernes, 1 de octubre de 2021

A VENDIMA

 Como sabedes, hai unha semanas foi tempo de vendima, e no Ceip Seis do Nadal quixemos vivir esa experencia e aprender moito sobre o tema.

O noso conserxe, Eloy, preparounos esta fantástica parra ou vide:

 

Aprendimos que a recollida de uvas chámase vendima e convertímonos en vendimadores e vendimadoras por un día. Trouxemos sombreiros de palla puxémonos mans a obra. 

Tamén tivemos tempo de petiscar uvas e probar tres variedades: de mencía, tintureiras e brancas.

As uvas foron agasalladas polos viñedos Hermanos Morte, pois encantoulles a idea de que nen@s tan pequenos foran a vivir esta experiencia. 

Aprendimos vocabulario novo:

-Acio de uvas: para referirse ao conxunto de uvas (brancas e negras)

- Pipote: onde botamos o zume de uva ou mosto e onde fermentará durante un tempo para convertirse en viño

- Tesoiras de podar: tesoiras especiais para cortalas uvas

- Adega: lugar onde almacénase grandes cantidades de viño

- Zume de uva: ou mosto que foi co que brindamos e probamos despois da "dura" vendima


E para rematar, un vídeo que resume toda a xornada de vendima, incluída a canción final que ensinounos a cantar a mestra do cole de 1º de primaria Carmen Pérez.


Agradecer tamén a mestra de Audición e Linguaxe, María por prepararnos o tríptico que levamos para a casa o venres coa información máis importante da xornada de vendima, cos pictogramas de Arasaac (Sistema Aumentativo e Alternativo de Comunicación) para facilitar a linguxe comunicativa dos nen@s, así coma recordar o vocabulario adquirido e ser capaces de trasmitilo ás familias de forma autónoma.






4 comentarios:

  1. Preciosa actividade. Un placer ensinaros a cantiguiña

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Graciñas a ti, por compartir con nós a túa grande experiencia. Biquiños

      Eliminar
  2. Que actividade máis enriquecedora para os nenos! Moi ben traballado, un dez para todos os que a fixechedes posible (mestras, conxerxe, etc)

    ResponderEliminar
  3. Moitísimas grazas, a verdade que aínda que foi moito traballo foi unha experiencia marabillosa, que quedará gardada con moi bo recordo nas nosas memorias.

    ResponderEliminar