lunes, 25 de octubre de 2021

ACTIVIDADES DO MES DE OUTUBRO

 Seguimos aprendendo cousas novas, descubrindo o que nos ofrece cada ambiente da aula e profundizando no mundo dos números e na táboa do 100, sudokus, puzles aumentando o número de pezas,  motricidade fina modelando con plastilina diferentes pratos de comida..







Percorremos a travesía que temos no patio, ao principio con algo de medo, pero pouco a pouco collemos mais seguridade.






Esta semana estamos a facer moitas cousas polo Samaín: portavelas do noso pantasma Nicolás e unha careta da bruxa Patuxa. Como conto da semana temos un conto moi divertido, titulado Guapa, estes días levarán a careta da protagonista deste conto. 








No hay comentarios:

Publicar un comentario