miércoles, 21 de octubre de 2020

UN DÍA NA AULA DE 4 ANOS

 Ola familias,

Levamos tempo preparando este vídeo  para poder ensinarvos todas as actividades que soemos facer nun día de escola. 

Tamén para que podades coñecer a nosa aula e os ambientes de xogo que temos, as tarefas que facemos e o ben que o pasamos nos recreos. Como veredes gústanos moitos pisar os charcos! 

Neste vídeo aparecen algúns dos mestres que veñen a nosa aula, o mestre de Pedagoxía Terapéutica Marcial, a mestra de prácticas Andrea, a mestra de Psicomotricidade Sara e a mestra de Audición e Linguaxe María.

Tratamos entre todos de facer agradable e divertida o tempo que pasan no cole e a súa felicidade e benestar e sempre a nosa prioridade. Tocoulles vivir a primeira etapa na escola nun momento complicado pero non vamos a deixar que isto apague os seus sorrisos.

Esperamos que vos guste!

Unha aperta

Noelia

7 comentarios:

  1. Moitas grazas polo vídeo. Moi interesante ver os nenos no seu día a día na aula

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Seguro que a partir dos vídeos son capaces de contarvos moitísimas cousas que as veces non lembran.

      Eliminar
  2. Ohhh que bonito!! Da gusto miralos tan contentos.
    Moitas grazas Noelia e resto do equipo docente.

    ResponderEliminar
  3. Éncantanos compartir estes momentos tan especiais con todos vós. Moitas grazas por valorar o noso traballo.
    Unha aperta

    ResponderEliminar
  4. Graciñas por compartir este ratiño d@s nos@s fill@s!

    ResponderEliminar