jueves, 1 de octubre de 2020

BENVIDO OUTONO


Coa chegada da nova estación, o Outono, estamos a observar os cambios que se producen no noso entorno máis cercano.  A caídas das follas dos árbores de folla caduca, as cores do outono, o cambio no tempo atmosférico... 
Estamos aprendendo e bailando a canción do Outono de Uxía Lambona e a banda molona, e encántanos bailala todas as mañás para comezar o día con alegría e moita enerxía.
Algunhas das actividades que fixemos para dar a benvida ao outono foron:
- Recolectar follas, froitos de outono, mazorcas de millo... e os podemos manipular libremente no recuncho de experimentación e natureza.
- Asociar grafía do número a cantidade correspondente con diferentes elementos do outono, polo momento estamos a repasar ata o número 5
- Motricidade fina con plastilina: formamos a palabra outono facendo churriños de plastilina e creando as nosas propias letras
- Grafismo creativo: decoramos con diferentes tipos de trazos unha folla de outono e escribimos a palabra folla. 
- Ademáis estamos aprendendo un poema titulado "A danza do Outono" e faremos unha fermosa representación dun cadro de Gustav Klimt, "Bosque de Bidueiros en Outono".

No seguinte vídeo podedes ver todas estas actividades.



 

3 comentarios:

  1. Moi ben, paréceme moi interesante

    ResponderEliminar
  2. Moitísmas grazas! Aprendendo sempre con moita ilusión e cun enorme sorriso que podemos descubrir pola súa mirada

    ResponderEliminar
  3. En casa nos encantou o caderno de poemas que trouxeuron hoxe os nenos.

    ResponderEliminar